Mostrando entradas con la etiqueta concursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concursos. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de marzo de 2009

Anahir Franco, gañadora no concurso "A túa farmacia"


Anahir Franco, de 6º B, foi a gañadora do concurso "A túa farmacia" organizado polo Colexio de Farmacéuticos de A Coruña na categoría de 6 de primaria a 2º da ESO.
Esta foi a súa aportación:


"A farmacia dos meus recordos"

Desde pequeniña recordo a farmacia do meu barrio como un lugar agradable.
As farmacéuticas que traballan nela son moi amables e moi boas conselleiras, pois teño ido algunhas veces, sen pasar antes polo médico, cun catarro de medo, e elas terme recomendado o xarope ou as pastillas máis axeitadas para o meu tipo de molestia.
A farmacia do meu barrio está situada en fronte á Avenida de Pablo Piccaso, ou o que é o mesmo, na rúa Casares Quiroga.
O interior da farmacia está moi ben ordenado, así como tamén moi ben aproveitado o espazo.
Na farmacia véndense moitos produtos, dende pastillas e xaropes ata xoguetes e leite artificial para os bebés e nenos máis pequechos. Isto último seino moi ben, porque teño un irmán de sete meses e ultimamente a farmacia é un dos sitios que máis visitamos meus pais e máis eu. Na farmacia, ademais de comprar medicamentos, podes ir medir a túa tensión e pesarte. Alí tamén se venden produtos de beleza para as máis coquetas ou coquetos.
Eu vou co meu avó á farmacia, normalmente, para acompañalo, aínda que tamén vou porque, de cando en vez, danme piruletas ou caramelos. As farmacéuticas, ou empregadas, coñécenme dende que era bebé. É a farmacia á que foron sempre os meus avós, pais e agora eu.
É a nosa farmacia de confianza, e para min, a mellor.
Parabéns!!