sábado, 26 de febrero de 2011

Monólogo: Os bebés, por Clara de 6º B

Ai! Cómo me gustan os nenos pequerrechos!
Teño una amiga, que vive moi pretiño miña, que ten un irmán de dous aniños; e cada vez que o vexo, toleo por él!
Son tan riquiños e inocentes!
Tamén son doces e xoguetóns.
Xa van entendendo…. Saben que as tesoiras serven para cortar, que os rotuladores son usados para pintar…etc
Teñen moi pouco peliño, e gústalles correr. Ás veces de tanto que queren correr caen ao chan, pero vólvense erguer.
Ás veces rin, outras choran, e amosan os seus sentimentos.
De vez en cando non entendo o que din, porque falan tan rápido que se trabucan, faime moita graza!
Cando durmen, parecen anxiños, cos ollos ben pechadiños e abazados ao seu boneco ou peluche.
Ao comezaren na gardaría, algúns, añoran aos seus pais, pero outros, todo o contrario, son moi independentes e créense moi mozos.
Ás nenas xa lles comeza a gustar coidar da súa boneca, que representa ao seu fillo; eu ás veces, véxoas, e penso que xa teñen instinto materno!

No hay comentarios: