miércoles, 2 de marzo de 2011

Monólogo: O chocolate, por Carol de 6º B

Canto me gusta o chocolate! Sabe tan ben...!
É un auténtico pracer poder desfacelo na boca.

Ademais, pode ser: chocolate negro, chocolate con leite ou chocolate branco.
Cando eu e a miña familia imos ao supermercado e non queda chocolate na casa , eu sempre pido que me compren unha tableta de chocolate negro, que é o meu favorito.
Tamén gústame moito ir almorzar un chocolate con churros. Quéntame tanto o estómago!
Gustaríame que os lápices e os bolígrafos foran de chocolate, para poder comelos en vez de escribir con eles!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escribe tu comentario aquí