jueves, 13 de marzo de 2008

O boneco bailón, por Sara de 5º B

Carla tiña dez anos, era loura. Estaba xogando no seu cuarto novo. Os pais estaban na cociña facendo a cea. Aos pais non lles gustaba que Carla chegara tarde á mesa pois sempre cean ás dez e xa eran as doce en punto. Sorte que ao día seguinte non tiña colexio.
Ao que estabamos... Carla estaba xogando cos bonecos ata que escoitou un ruído no caixón. Foi a abrilo e non víu nada. Volveu a oir o ruído, abríu de novo e...Víu un boneco novo. Colleuno, puxoo no chan e o boneco creceu ata o tamaño da nena.
De repente o boneco díxolle.
-¿Como te chamas?
-Chámome Carla -respondeulle a nena asustada.
-¡Que nome tan bonito! -díxolle o boneco asustado.
-Grazas.

O boneco puxo música e invitou a Carla a bailar. Esta aceptou e puxéronse a bailar. A nai foina buscar e víu a súa filla máis o boneco bailando. A nai correu aterrorizada. Logo subíu o pai e víu o que a nai vira.
-¿Carla, qué é isto? -preguntou o pai.
-É o meu xoguete novo.
O pai ordenoulle que baixase a cear. Carla quixo baixar o boneco. O boneco non podía deixar de bailar, entón Carla víu que estaba encendido e apagouno. Apagou o boneco e ceou.
En fin, que ata que rematou de cear non volveu a encender o boneco.

FIN

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escribe tu comentario aquí