viernes, 14 de marzo de 2008

Unha lembranza, por Auria Torres de 5º B

Eu son Auria e vouvos contar unha lembranza.

Era unha fea mañá de inverno, gris e chuviosa. Eu dirixíame ao colexio. Esta vez non chegaba tarde, pero...¡ Mecachis enl a mar¡ Había un accidente xusto no semáforo de antes do colexio. Estaban os bombeiros e a ambulancia e había moita xente. Os bombeiros ían rescatar as persoas en perigo...

-Tinininini... -tocou o espertador e oiuse...
-¡Auria, chegamos tarde!

¡Tiña que ser un sono! Nunca chego ben á fila.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escribe tu comentario aquí