viernes, 14 de marzo de 2008

Meu pai, meu heroe: unha anécdota persoal, por Carmen Boado de 5º B

¡Meu pai, meu heroe!

Vouvos contar un relato no que meu pai, meu irmán, meu curmán e eu fomos dar unha volta coas bicis, na miña aldea, Vilariño(Vilasantar-A Coruña)que non é unha chaira.

Ao principio do percorrido non había demasiada costa,pero no medio... alí había unha costa longuísima. Meu irmán e o meu curmán baixaron a pendente a toda velocidade. Eu dixen: "Bueno, bueno...correde, correde...". Ese intento rematou co meu nocello e coa miña bicicleta, ámbolos dous quedaron destrozados.

E apareceu meu pai, ¡¡¡¡¡¡O MEU HEROE !!!!!!. El miroume o pé e dixo que só era unha torcedura. Foi correndo coa bicicleta ata a miña casa , colleu o coche, veume buscar e marchamos ao hosptal coma foguetes.

Estaba sangrando por moitas partes, pero só me preocupaba o nocello.

Cando chegamos ao hospital Juan Canalejo dixéronme que rompera o nocello. Ao final tiven que dormir tres días no hospital, porque tíñanme que operar.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡MENUDO ESTÍO!!!!!!!!!

1 comentario:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Escribe tu comentario aquí